Eventos

Campeonato Galego Universitario

O Campeonato Galego Universitario está organizado este ano pola USC. Terá lugar no Monte Pedroso, Santiago de Compostela, tomando como centro de competición o parque da Granxa do Xesto.

As inscricións faranse a través dos servizos de deportes das 3 universidades galegas.

ACTUALIZACIÓN 1/ABRIL: adicionalmente organizarase un adestramento para orientadores federados, co mesmo percorrido do campeonato oficial. Ver sección de INSCRICIÓNS no Boletín engadido

ACTUALIZACIÓN 9/MAIO: publicados os listados de saídas. O cpto. universitario comezará as 10:30, e o adestramento as 12:00