Eventos

1ª XORNADA COPA DEPUTACIÓN DE OURENSE DE ORIENTACIÓN A PÉ

A Asociación Deportiva Limiactiva organiza a Copa Deputación de Ourense de Orientación a Pé 2019.

A primeira das probas será en colaboración coa Cruz Vermella, no Monte de Baronzás, con zona de concentración no Parque da Telleira de Xinzo de Limia.

A cuota de inscrición será de 7 euros e inclúe un boleto para o sorteo do Ouro.

Os participantes nas categorías de menores non pagarán inscrición.

As inscricións podense facer na web www.limiactiva.com

Adxuntos