Eventos

Última proba de Liga e Cto GALEGO de RAID. O Porriño.

O 2º BudiñoRAID será a última proba da Liga Galega de Raids deste ano 2016, o mesmo tempo que o Cto Galego da disciplina. Esta segunda edición volverá a disputarse nas Terras do Louro, nos concellos de O Porriño e Salceda de Caselas, se ben non se vaia repetir practicamente nada do percorrido do ano pasado. Para iso este ano contaremos a maiores co apoio dos concellos de Ponteareas e Salvaterra do Miño en lugar do de Tui, o cal agradecemos profundamente a súa colaboración no 2015.

Atentos o cambio de data de celebración, xa que será finalmente o 29 e non o 22 de Outubro como se establecera inicialmente. Este cambio débese a saturación do calendario de Raids nos meses de Setembro e Outubro, con dúas probas da Liga galega, tres da LERA (unha cto de España e outra Cto Ibérico) e dúas das ARES, Portugal e País Vasco. De feito a inmediatez con este última, onde hai inscritos moitos equipos galegos, foi o que nos levou á decisión de atrasar a nosa proba unha semana.

Ide organizando o voso calendario e contade con vir a desfrutar do 2º BudiñoRAID, este ano tamén Cto Galego!!