Eventos

Copa Diputación de Ourense. Proba 4, O Barco de Valdeorras

O Club Peña Trevinca Barco coa A.D. Limiactiva, en colaboración co Concello de Cenlle, organizan a carta proba da II Copa Deputación de Ourense de Orientación.

A cita será o domingo 17 de setembro, a partir das 11 h. con probas de orientación para todas as categorías na zona do Malecón do Barco de Valdeorras, á altura do río Cigüeño.

A II Copa Deputación de Orientación, que constará de 5 probas, e puntúan as 3 mellores para á clasificación final da presente Copa Deputación.

Programa

10:30h Apertura da secretaría- entrega de tarxetas Sportident para a carreira

11:00h Actividades para os máis pequenos (labirinto)

A partir das 12 Saída dos primeiros participantes

A inscrición na carreira custa 3euros a pagar no momento da saída (só ás categorías senior e veteráns)

Importante: Descarga o regulamento na nosa web para coñecer as normas básicas de participación.

Data límite de inscrición: Venres 15 de setembro ás 12 h.