Eventos

Orientación. IV Copa Diputación de Ourense de Orientación. 15/09/2019. O Barco

El club Peña Trevinca Barco xunto coa A.D. Limiactiva, en colaboración co Concello de O Barco de Valdeorras é a Deputación de Ourense, organizan a segunda proba da IV Copa Deputación de Ourense de Orientación o vindeiro domingo 15 de setembro, a partir das 10:30 h. con xogos de orientación para os máis pequenos e non tanto. Logo as 12:30 saídas de todas as categorías na zona do Malecón do Barco de Valdeorras, xunto á pasarela verde. Os percorridos serán unha mezcla entre lineais e score (sen orde).
A Copa Deputación de Orientación consta de 3 probas, na clasificación final da Copa Deputación puntúan as 2 mellores participacións das 3 probas programadas.

Como esta carreira é a 2ª proba da Copa Deputación de Ourense non se entregarán premios, xa que estes entregaranse na última proba unha vez de ter os resultados definitivos, co cal so se realizase algún sorteo entre os participantes unha vez que os todos os corredores terminasen os seus percorridos.

As inscricións faranse na páxina web do clube, www.clubtrevincabarco.org, e rematan o venres 13 de setembro ás 14 horas para poder imprimir os mapas necesarios para realizar a actividade. As persoas non apuntadas que se presenten o día domingo poderan participar ata agotar os mapas que imprimamos de demáis pero non poderemos garantir a participación de todos na carreira.

NOTA IMPORTANTE: TODOS OS PERCORRIDOS TEÑEN HORA DE SAÍDA ÁS 12:30H., MENOS A CATEGORÍA PREBENXAMIN que a súa saída farase logo de rematar as categorías maiores.