Eventos

Campeonato Galego Universitario de Orientación a Pé

O 21 de Abril celebrarase o Cpto. Universitario de Orientación a Pé, no monte Pedroso de Santiago de Compostela.

Poderán participar neste campionato todos os membros da comunidade universitaria (estudantes, persoal de administración e servizos e persoal docente e investigador, sen límite ningún de idade) das universidades de A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela

Haberá percorridos diferentes en categoría feminina e masculina


Adicionalmente organizarase un percorrido de nivel avanzado para federados

IMPORTANTE: o percorrido de adestramento empregará baliza Start, e os corredores poderán saír entre as 12:00 e as 13:00

Inscrición

O prazo para a inscrición neste evento rematou Ver na Intranet