Artigos deportivos

Modelos de solicitude para autorización de eventos

A AGaCO pon a disposición dos clubs unha serie de documentos necesarios para acadar a autorización administrativa para a realización de eventos do deporte de orientación e raids de orientación e aventura. Déixanse en formato PDF para a súa consulta e tamén en formato Word para a súa edición e adaptación a cada evento en particular.

O GPS no deporte da orientación

Artigo creado por Miguel Camblor acerca do uso do GPS no deporte de orientación, dedicado sobre todo ás posibilidades desta tecnoloxía dentro dos adestramentos neste deporte.

Aplicación para xestión de probas de 1 día con soporte para SportIdent

Desde o club APA Liceo ponse á disposición dos interesados unha pequena e simple aplicación, en forma de libro Excel, que permite realizar as tarefas de xestión dunha proba de 1 día. O obxectivo é soamente o de axudar a cubrir as necesidades básicas de todo organizador deste tipo de probas. O feito de presentalo en Excel permite a calquera usuario minimamente...