Últimas noticias

Ranking O-Pé actualizado.

Actualizouse o ranking de O-Pé cos resultados da última proba disputada, a de modalidade de scoring en Canzobre, Arteixo. Ver a sección de descargas.

Última proba de liga O-Pé.

A USC envía o boletín da última proba do calendario de O-Pé, que terá lugar o próximo día 20 de novembro na praia de Nerga (Cangas do Morrazo).+Info

Resultados das probas de scoring e relevos.

A SM Ártabros e o APA Liceo publican os resultados provisionais da proba de liga galega, modalidade de scoring, e do campionato galego de relevos, que tiveron lugar o día 7 de novembro en Arteixo (A Coruña).Resultados do scoringResultados da proba de relevos

Cambio de data da última proba do calendario O-Pé

A USC comunica que por causas alleas á súa vontade, a data definitiva para a realizacion da proba que organiza este ano é o día 20 de novembro e será en Cangas. Piden desculpas polas posibles molestias que este cambio poida causar e rogan a maior difusión deste cambio entre os posibles clubes participantes.Máis información será enviada proximamente.

Listado de scoring completo.

Publícase de novo o listado do scoring, xa que o anterior non contía os datos do club Fluvial. Pedimos desculpas polo erro.Asignación para o scoring.