Noticias

Sara e Andrea Ricoy triunfan no Trofeo Internacional Cidade de Barcelona.

O club de orientación de Cataluña (COC) organizou o pasado 20 e 21 de Novembro o “TROFEO INTERNACIONAL CIDADE DE BARCELONA”, TICBCN 2010. No evento participaron numerosos orientadores de toda Europa (Francia, Suecia, Lituania, UK, etc.).
Estamos especialmente orgullosos da actuación das corredoras do club AROMON, Sara e Andrea Ricoy, que acadaron un excelente segundo posto nas categorías infantil e Damas18, respectivamente.
Dende AGACO queremos felicitar a estas dúas xóvenes promesas da orientación galega. Felicidades e a por o seguinte!
Concepción González Bello