Noticias

Ranking O-Pé 2012 actualizado

Xa se atopa actualizado o ranking de O-Pé cos resultados da quinta e sexta probas, que tiveron lugar os días 16 e 17 de xuño en Pontevedra.

Achégase un documento aclaratorio do recálculo do ranking debido á elección de categoría para os corredores que participaron ata agora en máis dunha categoría oficial.

Achégase un pequeno programiña Java para poder comprobar as puntuacións de calquera participante desglosadas por probas. Para poder funcionar con el cómpre ter instalada unha versión moderna do entorno de execución da linguaxe Java (JRE ou JDK). Funciona en diferentes sistemas operativos (Windows, Linux, ...). Dependendo do tipo de instalación, nalgúns ordenadores bastará con facer dobre-click sobre o arquivo descargado "Corredor.jar". Se non funciona, o máis sinxelo é abrir a ventá de comandos do sistema operativo e escribir "java -jar Corredor.jar" desde a carpeta onde se atopa o programiña descargado.

Achégase o mesmo programiña, pero en versión Android. Pódese descargar e instalar en todo tipo de dispositivos que leven o devandito sistema (smartphones, tablets, etc). O programa non precisa de acceso a Internet para funcionar despois de instalado.