Noticias

Podios Liga Galega OPE 2019

Publícanse os podios da liga galega de orientación a pié 2019.

Transcríbese o artigo 7.2 das normas anuais que fai referencia a cando se producen empates.

7. 2. En caso de empate seguiranse os seguintes criterios de desempate: situarase primeiro aquel corredor que teña maior cantidade de primeiros postos, en caso de que o empate persista miraranse os segundos postos, e así sucesivamente, tendo en conta que nas probas organizadas se lles outorgará unha posición equivalente á mellor das que obtivera correndo (por exemplo, se tivera unha primeira posición, a carreira organizada valería como outra primeira posición). No caso de que continúe o empate, compararanse as clasificacións das probas en que tiveran coincidido e situarase primeiro o que resultou mellor clasificado máis veces (contabilizaranse tódalas probas disputadas, incluíndo as organizacións).

Adxuntos