Noticias

Charla sobre os Circuitos Permanentes no deporte de orientación

Tras o Campionato Galego de Score, a FEGADO organizou unha charla-coloquio sobre os circuitos permanentes no deporte de orientación. Das mans de Xan Trigo, do club Peña Trevinca, púxose ao día da situación doutros países neste eido e en España, dando conta de posibles pasos futuros de creación e homologación de circuitos con ideas a nivel rexional e nacional. Con isto, preténdese dar un impulso a este tipo de iniciativas dentro dun marco cunhas normas comúns.