Noticias

Ultra BTT de Orientación

O Club SEO organiza unha proba de Ultra BTT de Orientación fora do calendario oficial que terá como saída en Ordes.

Esta proba consta de dúas categorías:

  • Élite: 140 km e 2.500 metros de ascenso.
  • Aventura: 70 km e 1.500 metros de ascenso.

Esta proba non é un circuito, senón que é de orientación.

Haberá premios en metálico, trofeos e sorteo de material deportivo.

En breve engadiremos os formularios de inscrición.

No evento relacionado poderás obter máis información.

Evento relacionado

I Ultra BTT de Orientación