Noticias

Anulación da proba de liga do 9 de novembro

O Club USC ven de anunciar a imposibilidade de manter a organización da proba que tiñan asignada para a Liga de O-Pe, o vindeiro sábado 9 de novembro. Tras buscar alternativas organizativas, sen éxito, debemos proceder a cancelación da devandita proba. Polo tanto, a Liga Galega de O-Pe queda conformada por nove probas, das que a última foi a que tivo lugar o sábado, 26 de outubro, en Guitiriz (Lugo), e como consecuencia, o ranking individual se calculará sobre os seis mellores resultados.