Noticias

Stage de MTBO en Porto do Son

A pasada fin de semana, parte das futuras promesas da MTBO nacional adestraron nunhas Xornadas de Tecnificación en Porto do Son (Galicia), dirixidos pola Seleccionadora Nacional, a galega Ana Varela (Brigantia).

Ademais dos integrantes dos equipos nacionais, que prepararon a súa participación no próximo Campionato de Europa; tamén adestraron outros orientadores aproveitando para mellorar as súas habilidades en MTBO.

En palabras da propia adestradora, "a pesares das dificultades meteorolóxicas, cumpríronse os obxectivos, con bos tempos en todos os adestramentos". Comezando cos exercicios dende o mesmo venres, Ana destaca "a complexidade da distancia longa" e tamén a xornada do domingo "con módulos de memoria de 2-3 controis en modalidade sprint, con outra proba posterior tamén de sprint".

Por último, destacar as segundas partes dos adestramentos, "dedicadas ás análises dos exercicios, esenciais para recapitular e que foron dinámicas e constructivas".

Recordar a implicación do club ADC Arnela e do concello de Porto do Son, imprescindibles para a realización do Stage e o crecemento do noso deporte.

En menos de 10 días, a Selección Española partirá rumbo a Alemaña para competir no Campionato de Europa Juvenul-Junior e a Copa do Mundo de MTBO. Ángel García (Brigantia) e Pablo Fernández (Fluvial de Lugo) serán os dous galegos que formen parte do conxunto nacional. Lembramos que toda a información sobre o evento pódese atopar na súa páxina web.