Noticias

REGULAMENTOS e NORMAS ANUAIS para a tempada 2021

Como cada ano, publícanse na "sección Normativa" da "pestana Transparencia" os Regulamentos FEGADO que aplicarán na próxima tempada 2021 (según acordo do Comité Técnico e aprobación pola Asemblea de 19 de decembro de 2020).

  • Regulamento de Orientación 2021 | O-Pé, MTBO e TRAIL-O
  • Regulamento de Raid de Orientación 2021
Tamén poderedes acceder ás correspondentes Normas Anuais 2021 para cada unha das catro (4) especialidades, e que incorporan un novo ANEXO 5 que fai referencia ao PROTOCOLO FISICOVID FEGADO, que pasa a ser Normativa de Obrigado Cumprimento no 2021.


Destacar o fantástico traballo de Natalia Pedre para incorporar a especialidade de Orientación de Precisión (TRAIL-O) nos Regulamentos, así como para desenrolar unhas Normas Anuais propias. Parabéns, Nati !