Noticias

Retraso na publicación de resultados

O Clube USC quere pedir disculpas na parte que lle toca polo roubo das balizas 56 e 57, que afectaron a moitos dos percorridos.

Esperamos que a pesar diso os participantes disfrutárades dunha boa xornada de orientación, que quedou deslucida por ese incidente.

Os resultados provisionais serán publicados nos próximos días cando o xurado técnico tome unha decisión ao respecto.

Evento relacionado

Proba Liga Galega Orientación a Pé 2012. Santiago de Compostela