Noticias

Convocatoria de subvencións para clubs.

O día 21 de outubro de 2010 saíu publicada no DOG (n.º 203) unha Resolución do 18 de outubro de 2010, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas.
O prazo de presentación de solicitudes será de 35 días naturais, contado dende o día seguinte ao da publicación da resolución no DOG.
Descargar resolución en PDF.