Noticias

Calendario raid 2011 e proposta modificacion REGLAMENTO DE RAID

O próximo sábado día 18 de decembro, celebraremos a asemblea AGaCO, cos membros recén elixidos, para elixir presidente e definir o máximo posible o calendario 2011, será un bó intre para tratar e debatir os temas que estimedes oportunos no concernente a organización da próxima tempada de raid de aventura. Neste orde de feitos achégovos (arquivos axuntos) a proposta recibida de Alfonso Mancera (Artabros), para que todos podamos tela estudiado antes da asemblea. Se tendes algunha outra proposta facédema chegar e reenviareina para que todos podamos estudiala antes da asemblea.
No concernente o calendario de raid 2011, só temos 3 solicitudes de organización, Somozas Gallaecia (16-17 Abril), Montaña Ferrol (sen data) e PontevedRAID (Setembro). Sería bó que os que estades pensando en organizar unha proba para o ano que ben, o informarades antes da asemblea incluindo as datas nas que estades interesados.
Informar tamen da existencia, dende hoxe dunha nova dirección e-mail, que será onde haberá que dirixir os correos concernentes a Liga Galega de Raid de Aventura, e dende onde se vos enviara información ou contestará, todos aqueles que queirades recibir información dende esta dirección, facede chegar un e-mail identificandovos cun club ou equipo de raid. O correo electrónico é:
galiciaraidaventura@hotmail.es
Saúdos
Manuel Beloso