Noticias

LICENZAS 2021: PREZOS E PROTECCIÓN DE DATOS

A partires do 1 de xaneiro poderán tramitarse as licenzas federativas, que este ano serán en formato dixital. Lembrade que para os federados en 2020, maiores de 20 anos, haberá un desconto de 10 euros si a tramitan no mes de xaneiro.

Os menores entre 6 e 16 anos poden seguir acolléndose ao seguro Xogade da Xunta de Galicia que é gratuito, co que aforrarían 13 euros no prezo da licenza. Se algún NON quixera acollerse a éste seguro, e prefire pagar os 13 euros do seguro FEDO, debe comunicalo expresamente ao seu club no momento de solicitar a licenza, para que o club á súa vez o comunique á FEDO no momento de tramitar a licenza.

Por outra banda, no momento de solicitar a licenza, teredes que enviar firmado a info@fegado.es o documento de PROTECCIÓN DE DATOS que se xunta para causar alta como federado na web de Fegado.