Noticias

PASAMENTO DE LUIS RAMOS EXCONCELLEIRO DO BARCO

Hoxe faleceu Luis Ramos, ex-concelleiro do Barco de Valdeorras. Foi a primeira persoa, que desde unha institución, creu na Orientación na provincia de Ourense, impulsando o Raid Valdeorras como un currante máis, así como a realización do mapa de Xagoaza, que tantas alegrías nos ten dado. Unha gran persoa, sempre cun sorriso e incansable no apoio ao noso deporte. Por desgraza, marchousenos cedo. Descanse en paz. Os orientadores de Ourense e de Galicia enteira sempre te recordaremos.