Noticias

A FEGADO e TrackTheRace xuntos en Lugo.

A FEGADO e o Club Fluvial de Lugo, acaban de cerrar un acordo coa plataforma de seguemento http://tracktherace.com para que na Proba 4 da Liga Galega O-Pé 2014 que terá lugar este sábado 12 en Lugo, se implante esta plataforma de seguemento GPS sen custe algún para os participantes.

Podedes atopar máis información na web da plataforma, pero a idea é que cada participante leve consigo durante a proba un dispositivo GPS que a organización facilitará, e que estará emitindo en tempo real a posición ós servidores da plataforma, para, deste xeito, conseguir debuxar sobre un mapa (primeiro sobre Google Maps e unha finalizada a carreira sobre o mapa de carreira), o trazado que cada un vai realizando.

Tamén se contará cunha estación de reproducción, que estará proxectando a carreira na zona de saída e meta, permitindo xa facer uns primeiros análises durante a entrega de trofeos.

Aqueles participantes inscritos na proba que desexen facer uso deste servizo, deberán rexistrarse en https://tracktherace.com/sign-up, e posteriormente confirmar a súa inscripción na categoría correspondente dende a páxina do evento: https://tracktherace.com/iv-o-pe-liga-galega-2014 Como pode verse nesta páxina, as inscripcións aceptaránse ata o venres 11 ás 13h.

Estes participantes, tamén deberán o día da proba portar algún elemento que permita levar consigo o dispositivo sen risco de pérdida. As dimensións do mesmo son 70mm * 40mm * 25mm e ten un peso duns 60g (ver imaxe adxunta). A organización contarán con algúns destes elementos de suxeición pero se o participante ten algúnha camiseta con bolsillos de creamallera, cinturóns, ou elemento similar, rógase levalo.

Con motivo deste acordo, a FEGADO remitirá o Dorsal de cada corredor inscrito na proba e que tamén dispoñan de usuario en TrackTheRace. A información dos usuarios que non dispoñan de conta non será remitida co cal non poderá ver o seu percorrido no mapa.

Agardamos que este acordo permita levar a orientación a un nivel de interactividade moito maior!

Adxuntos