Noticias

15 medallas para Galicia no Campionato de España de O-Pé

Case 200 orientadores galegos desprazáronse en Semana Santa ata a localidade asturiana de Llanes, onde tiña lugar a primeira fase do Campionato de España de Orientación a Pé.

Na proba de remudas o equipo da categoría Veteranas-C formado por Margarita Balboa, Begoña Crespo e Rosa Pernas lograba o ouro e a abría a recollida de medallas para Galicia.

Na distancia media, a destacar os campións e campioas de España Aarón Rodríguez (Vizhoja Cornelios) en U10, David Casado (OPZ) en M45, Alejandra Carro (Arnela) en F40 e Rosa Pernas (USC) en F55. Recollíamos tamén dúas pratas, Mateo Rodríguez (Aromon) en M16E e Noel Rodríguez (Aromon) en F21B; e tres bronces Javier Sevilla (Ártabros) en M45, Nicolás López González (OPZ) en M14 e Carla Muñiz (USC) en F12.

No sprint celebrado nas ateigadas rúas de Llanes, Rosa Pernas (USC) coroábase campiona de España en F55, mentres que Margarita Balboa (USC) Concepción González (Fluvial) e Mateo Rodríguez (Aromon) recollían a prata en F55, F50 e M16E respectivamente. Por último, Olalla Bello lograba o bronce en F35A.

Destacar especialmente a Rosa Pernas, da USC, quen conseguiu o ouro en todas as probas.

Esperamos agora pola segunda fase do Campionato de España, que terá lugar en Cádiz coa organización dos compañeiros do Fundi-O.