Noticias

Galicia triunfa no Campionato Ibérico Feminino de MTBO

A pasada fin de semana tiña lugar o Campionato Ibérico Feminino de MTBO, onde as nosas compañeiras achegaban 3 das 5 medallas conseguidas por España na competición.

Mar Delgado (OPBZ) e Ana Varela (Brigantia) eran prata e bronce na clasificación xeral, mentres que Sonia Gómez (Fluvial) gañaba a proba en F40.

Destacar tamén o triunfo de Ángel García na categoría élite e o pleno no podio en M17, con tres galegos medallistas: Pablo Fernández (Fluvial) Nicolás López (OPBZ) e Javier López (Fluvial) Por último, destacar a segunda praza de Martín Álvarez (Gallaecia) en H20.