Noticias

Curso "NOVAS TECNOLOXÍAS NO MUNDO DA ORIENTACIÓN"

Os días 25 e 26 de agosto, realizarase un curso en Porto do Son sobre as "novas tecnoloxías no mundo da orientación".

14-07-2018: Publícase o boletín 2.

Usarase o mapa do monte Enxa para facer as prácticas de campo. Quédavos toda a información en dito boletín.

A mediados de Agosto publicarase a lista de admitidos en dito curso.

Bo verán a todas/os.

Anterior:

Este curso proporcionará aos asistentes os coñecementos necesarios para debuxar un mapa de orientación básico, elaborar unha carreira e realizar a cronometraxe da mesma usando software libre en tablets ou móbiles.

É ideal para a organización de adestramentos, ligas internas ou para comezar a coñecer mellor este campo.

Publícase o PRIMEIRO boletín. Darase máis información en vindeiras publicacións.