Noticias

ÚLTIMA NOVA: Publicado o Boletín 2 e mapa tipo

O vindeiro sábado 16 de setembro tedes un par de citas en Guitiriz, coa 4ª e 5ª proba da Liga Galega de MtbO.

Será unha proba de Media-Longa distancia e unha Mass Start. Son dúas inscricións diferentes, que tedes que tramitar cada unha no seu respectivo evento.

Comezan os sábados para desfrutar da natureza e da orientación en bicicleta. Temos todo preparado para que así sexa e queremos vervos. Así que, non vos esquezades de anotarvos, que despois vos arrepentides.

Xa temos publicados os respectivos BOLETÍN 2 e MAPA TIPO.

Saudos

P.D. Pasamos lista ;)