Noticias

Últimas noticias

Atención ás últimas novidades da proba!!!

Existirá unha presaída dende a zona de secretaría ata a saída (entre 5 e 10 minutos andando), polo que vos pedimos que veñades con tempo dabondo para pasar primeiro por secretaría, comprobar os vosos datos, e ir camiñando ata a saída.

A priori non dan choiva para ese día, pero é moi recomendable que traiades calzado de reposto (en tódalas categorías mollaredes os pés).

Existirá habituallamento líquido ao rematar a proba.

Non existirán vestiarios nen gardarroupa.

O lugar de secretaría (https://goo.gl/maps/znMLJvwF6MB2) ten un pequeno espazo de aparcamento, polo que vos pedimos a máxima colaboración para estacionar os veículos.

A categoría Avanzado ten saídas moi xuntas en tempo, polo que neste caso aínda vos pedimos máis puntualidade.

Publicadas as horas de saída