Noticias

RANKING FINAL LIGA GALEGA DE RAIDS DE ORIENTACIÓN

Publícase o ranking final da Liga Galega de Raids de Orientación.

Tras este ano extraordinario, moi ao noso pesar, coa suspensión de dúas das cinco probas do calendario, son poucos os equipos que cumpren o artigo 7.3 das Normas Anuais de Raids de Orientación 2017:

7.3.- En caso de anulación dalgunha proba, esta considerarase fora do calendario oficial da tempada, axustando o número de probas puntuables ó 80 % (axustando o enteiro por enriba) do calendario resultante. Nembargantes en caso de anulación de probas, mantense a obriga de puntuar no ranking alomenos como equipo mixto dúas veces, e participar como mixto en tres probas.

Polo tanto, tras a anulación das probas de Gallaecia e Aromon as carreiras puntuables son as 3 que finalmente se celebraron, tendo que ser puntuación mixta tamén as 3.

Deste modo a clasificación final da Liga é:

  • En Raid-O 3:
  1. VK BIKES
  2. FLUVIAL DE LUGO - OS BARBAS
  3. SUMIPOR_BUDIÑORAID
  • En Raid-O 2+1:
  1. AC2L_ARQUITECTURA BUDIÑORAID
  2. CAZAFANTASMAS KAMIKAZES TEAM_BUDIÑORAID
  3. AROMON OS2O

Parabéns aos vencedores, todos os participantes durante esta Liga, xa a número 13, aos Clubes Organizadores, xuices, técnicos e todos os que fixeron posible o desenrolo e bó resultado desta tempada.

Calquera erro detectado ou dúbida podedes poñervos en contacto con Isa Diz a través do correo-e: isa.diz@gmail.com