Noticias

A ORIENTACIÓN NA RADIO GALEGA

O Vindeiro mércores día 16 de xaneiro ás 20:30h. grabaráse o programa CONVIVIR DEPORTIVO da Radio Galega, que versará sobre o deporte de orientación, no auditorio do Concello de Redondela (Pontevedra) no que participarán representantes da Federación e dos nosos deportistas. A asistencia ao acto é aberta polo que todos os orientadores estades invitados e podedes facervos notar coas camisetas dos vosos clubes, pancartas, etc...

Sería moi desexable encher o auditorio para demostrar o tirón que o noso deporte ten en Galicia e abrirnos paso nos medios de comunicación.