Noticias

Curso de Cartografía Nivel 1

O pasado fin de semana celebrouse o Curso de Cartografía Nivel 1 co obxectivo de que os nosos orientadores podan afondar un pouco máis na produción cartográfica.

Javier Arufe, cartógrafo de numerosos mapas no noso territorio, foi o profesor do curso ao que asistiron 22 persoas.

Un éxito cara á ampliación da formación técnica dos orientadores galegos!

De novo, o noso agradecemento ó Concello de Porto do Son por facilitar as instalacións para a celebración do curso.

Adxuntos