Noticias

PROXECTO C.E.O. 2016

Xa está en marcha o PROXECTO CEO2016. Chamamos así a unha aventura do club AROMON que en colaboración co Concello de Pontevedra, coa FEGADO e coa FEDO, achegará a Galicia, e máis concretamente a Pontevedra, tres acontecementos de Orientación de ámbito internacional ó longo de tres anos consecutivos:

-13 e 14 de setembro de 2014: Campionato Ibérico de RAID de AVENTURA.

-09 e 10 de maio de 2015: 7ª Proba da Liga Española de Orientación a Pé.- 9ª Proba da Liga Portuguesa de Orientación a Pé. - Cto. Ibérico Feminino.

-24 a 27 de marzo de 2016: Campionato de España de Orientación a Pé.

CONTAMOS CON TODOS VÓS PARA QUE ESTE PROXECTO SEXA UN ÉXITO.