Noticias

GALICIA SEGUE REINANDO NO RAID

Publicados os resultadosdefinitivos do Campionato de España de Raid de Aventura celebrado en Guijo deGranadilla (Cáceres) entre os días 30 de outubro e 1 de novembro, podemos falardun novo éxito da Orientación galega nesta especialidade multidisciplinar naque a resistencia física e a estratexia xogan un papel fundamental, e na queGalicia demostrou, unha vez máis, contar con grandes valores aos queagradecemos o seu esforzo e dedicación.

Na categoría Élite proclamousecampión o equipo Brigantia Adventure Race da Coruña (Ángel García García,Teresa Barreira Salgado e José Antonio Torviso Berdeal) cunha superioridadeasombrosa sobre o resto de participantes. No terceiro posto do podio e empatadoa puntos co segundo clasificado outro equipo galego o Fluvial Lugo-Os Barbas(Alberto Corral Alonso, Luisa Felpeto González e Juan Combarro Gallego) queengaden este bronce á súa longa lista de éxitos.

Na categoría AventuraMixta o segundo posto foi acadado polo equipo Aromon Toxiños de Pontevedra(Ricardo Figueroa Fernández, Alicia Pérez Alonso e Alex Marín Gómez-Nieves)seguido na terceira posición polos seus veciños de As Neves, Neumáticos JL?VizhojaCornelios (Diego Fernández Sánchez, Silvia Insua Alonso e Pablo PachecoRodríguez)

Finalmente, na categoríaAventura Masculina, outro equipo do club de As Neves, o Biziebike-VizhojaCornelios (José Manuel Araújo Francisco, Alejandro Argudín Vázquez e IsaacRodríguez Silva) alzábase coa medalla de prata.