Noticias

Triunfo da FEGADO no ranking nacional de MTBO

Tras a derradeira proba da Liga Española de MTBO en Huelva, o ranking nacional desta tempada deixa varias medallas para a FEGADO. Dunha banda, o club Fluvial de Lugo repite como campión na clasificación conxunta, mentres que o Gallaecia Raid queda a 10 puntos de entrar no top 5.

En categoría élite, Ángel García (Brigantia) gaña o ranking nacional por 5º ano consecutivo mentres que Ana Varela (Brigantia) recolle a medalla de prata. Non obstante, o club Fluvial de Lugo recolle todas as medallas individuais no resto de categorías, ascendendo a un total de 4 metais masculinos e 2 femininos: Sofía Martínez 2ª en F15.

Sonia Gómez 1ª en F40.

Pablo Fernández 1º en M17.

José Manuel Fernández 2º en M40

José Manuel Nogueras 3º en M40

Pedro Parga 3º en M60.