Noticias

Actualización do ranking de O-Pé e de MTBO

Publícanse os rankings actualizados tanto de O-Pé como de MTBO, cos resultados de todas as probas que tiveron lugar ata o día de hoxe.

Elimináronse do ranking os datos de corredores duplicados, isto é, que participaron en máis dunha categoría ata o momento de ter que decidir. Quedou como válido o resultado da categoría con máis participacións ou ben aquel notificado polo propio interesado (por exemplo, un corredor que participara 2 veces na categoría A e 1 vez na categoría B, quedou enmarcado na categoría A)

Achégase tamén o listado completo de resultados por cada proba, para que cada un poida comprobar por si mesmo o posto e puntuación acadado. En amarelo os datos que non poden contar para o ranking. Hai dúas razóns principais para aparecer con esa cor: non pertencer a un club FEGADO ou ben ter participado en máis dunha categoría (en amarelo o resultado descartado)