Campionato Galego de Catching Features
En consonancia coa iniciativa de celebrar o Campionato de España de Huesca en formato "catching features" (un conocido videoxogo que simula a orientación), a FEGADO propón un Campionato Galego desta modalidade. Recordamos en que esta iniciativa é completamente lúdica, sen ningún tipo de carácter oficial.
No CEO de "Catching Features" ademais das probas individuais, existe unha proba de remudas por Comunidades Autónomas, con dúas persoas por equipo. Para poder seleccionar esta parella, decidimos propoñer unha partida do videoxogo a nivel rexional.
Inscrición nas probas individuais do Cto. Galego (ligazón) ata o venres 8 de maio ás 12:00 a.m. (Ollo!: cómpre ter a licenza completa do videoxogo, a versión demo non é suficiente. Máis info na web do videoxogo)
PROGRAMA DE COMPETICIÓN DO CTO. GALEGO
Venres 08 de mayo - (horario a determinar segundo a cantidade de inscritos a partir das 16.30): probas clasificatorias (Sprint-Media-Longa).
CLASIFICACIÓN
Haberá clasificacións individuais de cada proba e tamén un ranking absoluto coa suma das puntuacións das 3 probas (Sprint-Media-Larga) tal como se fai no ranking FEGADO (en función do tempo ganador).
As dúas persoas mellores na clasificación poderán formar o equipo de remudas que representará a comunidade galega o domingo 10 de maio no Ceo Catching Features.