Últimas noticias

Publicado o segundo boletín do II PonteAventura Raid -Concello de Ponteceso-

  • A.D.C. Bombeiros A Coruña

 No evento relacionado xa dispoñedes da información necesaria para este evento.Recordade que tamén se irán publicando as novidades no evento de Facebook "II PonteAventura Raid"Saúdos!

Resultados da I UltraBTT - Ordes

  • Club SEO

Xa están publicados os resultados da I UltraBTT - Ordes organizada polo Club SEO. Agradecemos enormemente a participación de todos os equipos e agardamos que fora do voso agrado, así como un reto pola distancia e dificultade da proba. Debido á diferencia entre a distancia indicada nos boletíns informativos coa final (de 70 pasouse a 90 kilómetros), permitimos aos equipos que entraron...

Terceiro boletín da UltraBTT e equipos inscritos

  • Club SEO

Ola, acabamos de publicar o terceiro boletín da UltraBTT ademais de engadir o listado de equipos inscritos. Podedes ver a información indicada no evento relacionado. Por favor, revisade estes datos e comunicádenos calquera cuestión. Un saúdo e vémonos o sábado!! 

Información do II PonteAventura Raid -Concello de Ponteceso-

  • A.D.C. Bombeiros A Coruña

No evento relacionado xa dispoñedes do cartel, formulario de inscrición e o 1º boletín do II PonteAventura Raid -Concello de Ponteceso-, que se celebrará o vindeiro 3 de setembro en dito concello. Tamén podedes seguirnos na rede social facebook, no evento "II PonteAventura Raid".

Ampliado o prazo de inscrición para a UltraBTT

  • Club SEO

O prazo para a inscrición na UltraBTT de Ordes foi ampliado ata o martes 26 de Xullo. Debido a baixa cantidade de equipos inscritos en Élite, só se realizará un único recorrido, que será o de Aventura. Os sistema de control dos PC's será por tarxeta de control en vez de con SportIdent. Dispoñedes de máis información no evento relacionado.