Últimas noticias

Ranking O-Pé actualizado

  • FE.GA.DO

Publícase o ranking actualizado de O-Pé. Contén os resultados de todas as probas que tiveron lugar ata o momento.

Publicado o boletín e folla de inscrición para a I Ultra BTT - Club SEO

  • Club SEO

Ola a todos, acabamos de publicar no evento relacionado o primeiro boletín da proba, así como a folla de inscrición. Animámosvos a todos a participar, así como a dar a máxima difusión posible a esta proba. ACTUALIZACIÓN: Engadido o segundo boletín. Un saúdo, Club SEO.

Ranking de Raids actualizado

  • FE.GA.DO

Publícase o ranking de raids actualizado ata a proba de Negreira.

Clasificacións do IV Raid Odiseo

  • Club SEO

Xa están publicadas no evento relacionado a clasificación provisional deste IV Raid ODISEO. Agradecemos enormemente a participación de todos os equipos e agardamos que disfrutárades durante a proba. Para calquera comunicación co Club SEO, podedes facela a través do correo info@clubseo.es En breve revisaremos os desaxustes de algúns equipos no pago da inscrición. Recordade que o día 30...

Revisión do segundo boletín e engadidos os equipos inscritos

  • Club SEO

Fíxose unha pequena revisión do segundo boletín, correxindo a hora de chegada dos primeiros equipos. Así mesmo inclúese a lista de equipos participantes (38 en aventura e 14 en élite). Por favor, revisade que todo está correcto e poñedevos en contacto co Club SEO no enderezo info@clubseo.es en caso de calquera dúbida ou cambio. Dispoñedes dos documentos no evento relacionado.