Miguel Camblor fai público un interesante artigo titulado GPS e deporte de orientación, que se pode consultar ou descargar na sección de artigos.
Publícase o calendario 2011 que foi aprobado na última Asemblea da AGaCO.
Dende o club Montañeiros informan que se ven de crear unha canle para compartir vídeos relacionados cos raids, tanto a nivel galego coma nacional. Este é o enderezo web: http://vimeo.com/channels/raid. Os vídeos pódense ver sin necesidade de rexistro, pero tamén se poden subir vídeos despois de suscribirse á canle.
Publícase o ranking definitivo de orientación a pé, despois de computar os resultados de todas as probas do calendario. Ver a sección de descargas ou ben a clasificación en liña que aparece á dereita da pantalla.
O próximo sábado día 18 de decembro, celebraremos a asemblea AGaCO, cos membros recén elixidos, para elixir presidente e definir o máximo posible o calendario 2011, será un bó intre para tratar e debatir os temas que estimedes oportunos no concernente a organización da próxima tempada de raid de aventura. Neste orde de feitos achégovos (arquivos axuntos) a proposta recibida de Alfonso...