Eventos

XIV TROFEO UNIVERSIDADE DE VIGO

A Universidade de Vigo, a través do Servizo de Deportes organiza o XIV Trofeo Universidade de Vigo de Carreiras de Orientación (6ª proba do calendario oficial da Liga Galega 2015).

As persoas interesadas en participar dispoñen dun amplo abano de recorridos con diferentes niveis de dificultade polo que é accesible tanto para as persoas federadas como para aquelas sen experiencia previa nesta modalidade.

Esta edición forma parte tamén do Campionato autonómico escolar.

Como en anteriores ocasións esperamos contar coa vosa participación. Moitas grazas e boa carreira!!!