Eventos

Campionato galego de O-BM

O día 14 de maio terá lugar o Campionato galego de orientación en bicicleta de montaña. Estará organizado polo Club APA Liceo e desenvolverase nos arredores da localidade de A Baiuca (Arteixo).

 Haberá percorridos para 6 categorías: Senior (homes e mulleres), Veteráns (homes e mulleres) e Junior (homes e mulleres). Os percorridos terán unha distancia variable de entre 5 e 11 Km, aproximadamente.

Xa se poden facer as inscricións a través da intranet da AGaCO. Prestade atención ás categorías dispoñibles. Utilizarase o sistema de cronometraxe Sportident. As licenzas de temporada de O-Pé e de Raid cubren a actividade de O-BM. Para os que non teñan licenza de temporada xestionarase unha licenza de proba directamente polo club organizador.

Xa están publicadas as horas de saída para a proba. Por favor, prestade atención aos datos e comunicade calquera erro que advirtades. Do mesmo xeito que para as probas de orientación a pé, os corredores federados utilizarán o seu propio dorsal. Aos non federados se lles proporcionará un dorsal por parte da organización da proba.