Eventos

XORNADAS DE INICIACIÓN Á ORIENTACIÓN USC

Xornada de iniciación ás carreiras de orientación a pé organizada pola Universidade de Santiago de Compostela e a Federación Galega de Orientación.

Destinatarios: a comunidade universitaria.

Desenvolvemento: Carreiras de orientación individuais ou por grupos, acompañados de corredores experimentados cando se precise. Para @s corredores/as que se inicien, ou pouco experimentados/as, antes de empezar as carreiras (ás 15:30 h) impartirase unha pequena introdución informativa básica sobre a orientación, o uso do mapa e do compás.

Material: facilitarase mapa e compás por parte da organización.

Data: mércores 10 de abril de 16:00- 18:00 na Cidade da Cultura.

Inscricións e máis información: aquí

Adxuntos