Eventos

VII LIGA LOCAL Aromon-Chemasport: 7ª proba

Cándo: Sábado 16 de xuño, de 10 a 13hs

Lugar: Cangas

Contaremos con unha única modalidade (a pé), con tres percorridos:

- Iniciación nenos (nivel de esixencia físico e técnico baixo, ideal para nenos)

- Iniciación adultos (nivel de esixencia físico e técnica baixo pero orientado a adultos e nenos con experiencia)

- Avanzado (nivel de esixencia físico e técnico alto, SÓ para federados en orientación)

Custo:

Soci@ do club e Federad@ FEDO (AROMON): 0 euros

Federad@ FEDO de 15 anos ou menos: 0 euros

Nen@s de 15 anos ou menos (non federados): 2 euros

Soci@ do club NON Federad@ FEDO: 4 euros

Federad@ FEDO non soci@ do club (>15 anos) (Percorrido AVANZADO): 8 euros

NON soci@ de 16 anos ou máis: 6 euros

Inscricións.-

Até o martes 12 de xuño ás 22:00h na oficina do club AROMON, ou a través do formulario: https://goo.gl/W5ZDwY

Para formalizar a inscrición podedes facer o pago na mesma na oficina do club ou facer o ingreso na conta de ABANCA ES08 2080 5403 4030 4011 8709 e enviar xustificante de pago a lachs@aromon.es