Eventos

VII LIGA LOCAL Aromon-Chemasport: 8ª proba

A Liga Aromon-Chemasport continúa en Pontevedra.

Adxuntamos información da proba que celebraremos o vindeiro sábado 7 de xullo na Granxa de Briz/ Parque dos Sentidos (Marín), sendo neste caso unha proba NOCTURNA. O prazo de finalización de inscricións será o vindeiro martes 03/07 ás 22hs.

Lembramos asímesmo que temos un cupo máximo de 200 inscricións, e que no momento que se cubran, crearase unha lista de agarda.

Desenvolvemento.-

Contaremos con unha única modalidade, que se realizará na contorna da Granxa de Briz (Parque dos sentidos, Marín):
  • O-Pé: Contará con tres percorridos: Iniciación nenos (nivel de esixencia físico e técnico baixo, ideal para nenos), Iniciación adultos(nivel de esixencia físico e técnica baixo pero orientado a adultos e nenos con experiencia) e Avanzado (nivel de esixencia físico e técnico alto, SÓ para federados en orientación).
Custo.-
  • Socio do club e Federado // Federado FEDO < 16 anos: 0 euros
  • Nen*s <16anos: 0euros
  • Socio do club NON federado FEDO: 0euros
  • Federado FEDO, non socio do club (percorrido AVANZADO): 4 euros
  • Non socio, de 16 anos ou máis: 4euros
Inscricións.-
Até o martes 3 de xullo ás 22:00h na oficina do club, ou a través da seguinte web: https://aromon.es/inscripciones/8a-proba-lachs-2018/
NON se poderá pagar no secretariado o día da proba.