Eventos

Campionato Galego de Remudas Mixtas 2023 - Porto do Son

Este ano temos o pracer de organizar o Campionato Galego de Remudas Mixtas en Porto do Son.

Logo dunha longa e intensa tempada de orientación queremos que esta proba, aparte do carácter competitivo, teña tamén unha parte lúdica e festiva e que tod@s disfrutemos duns percorridos rápidos e amenos e cun puntiño de aderezo técnico que nos deixen un bo sabor de boca.

Tamén se fará entrega dos trofeos das Ligas Galegas de OPé e OPé Sprint 2023.

  • 26/10/2023: Boletín 1 e Mapa antigo de Porto do Son.
  • 16/11/2023: Boletín 2 e Formulario equipos.
  • 21/11/2023: Listado provisional de inscritos.
  • 22/11/2023: Avaliación de riscos.
  • 24/11/2023: Listado final equipos e Iniciación.