Eventos

5º Trail-Running e Andaina de Orientación de Orro (Culleredo)

INSCRIPCIÓNS EN: https://tracktherace.com/es/5-trail-running-e-andaina-de-orientacion-orro-2017

O vindeiro día 17 de decembro na localidade de Orro (Culleredo), e organizado por ADTL A Pedrosa e o Clube Gallaecia Raid terá lugar o V Trail Running e a V Andaina con orientación de Orro. O Trail Running é de carácter competitivo e haberá trofeos para os tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos. VER normativa da proba e protección de datos.

AUTORIZACIÓN PARA PARTICIPACIÓN CON MENORES DE IDADE:

Cada menor que participe na proba debe ir acompañado dun adulto, e debera presentar asinado o documento na recollida do dorsal: autorización menores

DISTANCIAS E DESNIVEL:

Trail-running: 18 kms con 600 metros de desnivel positivo
Andaina: 10 km con 300 metros de desnivel positivo
PREZOS:

A inscripción dara dereito a:

Realizar a andaina ou o trail
Regalo a todos os participantes
Servizo de ambulancia e médico
Seguro RC e médico de proba
1 Avituallamento con auga ou bebida isotónica
Cónsome de caldo á chegada
Sorteo de regalos dos patrocinadores
Duchas
Realizando inscrición antes do 30 de novembro ás 24:00 horas:

12 euros con licenza fedo o trail running
7 euros con licenza fedo a andaina
Os menores de idade non pagarán inscripción, só o seguro
Aqueles que non teñan licenza fedo terán que pagar 2 euros a maiores para cubrir a licenza de día (Nota importante: non vale ningunha outra licenza, polo simple feito de que non cubriría o evento xa que os seguros só fanse cargo dos accidentes que se producen no seu deporte concreto)
Realizando inscrición entre o 1 de decembro e o 12 de decembro ás 24 horas:

13 euros con licenza fedo o trail running
8 euros con licenza fedo a andaina
Os menores de idade non pagarán inscripción, só o seguro
Aqueles que non teñan licenza fedo terán que pagar 2 euros a maiores para cubrir a licenza de día (Nota importante: non vale ningunha outra licenza, polo simple feito de que non cubriría o evento xa que os seguros só fanse cargo dos accidentes que se producen no seu deporte concreto).

COMIDA POST-EVENTO: PRAZAS LIMITADAS !!!

Tamén haberá a posibilidade de ir a comer despóis da proba no propio local de ADTL A Pedrosa cunha comida preparada por un cociñeiro profesional.

Cómida adultos: 6 euros
Callos
Paella
Bebida
Postre
Café

Cómida nenos: 3euros co mesmo menú que os adultos

HORARIOS DAS PROBAS:

Saída do trail-running con orientación: 10:00 horas (o horario de secretaría para recoller os dorsais e tarxeta de control comeza ás (8:30 e remata ás 9:30)
Saída da andaina con orientación: 10:15 horas (entregar a autorización en secretaría para os menores antes das 9:45)

MATERIAL OBRIGATORIO E RECOMENDABLE TRAIL-RUNNING E ANDAINA:

Obrigatorio/Recomendable: Cortaventos (dependendo do tempo que faga o día da proba poderá decidirse por parte da organización que non sexa material obligatorio)
Recomendable: compás

Recomendable: Mochila de hidratación ou bidón, ainda que haberá avituallamiento líquido na metade do percorrido

Obrigatorio só Andaina: Teléfono móbil acendido o cal ha de facilitarse á organización no momento da inscrición

Inscrición

O prazo para a inscrición neste evento remata Ver na Intranet