Eventos

Campionato provincial escolar de Pontevedra XOGADE

Organizado polo Servizo Provincial de Deportes da provincia de Pontevedra (SXD da Xunta de Galicia) e ca colaboración da Federación Galega de Orientación e o club VIGOrienta, terá lugar o Campionato Provincial Escolar XOGADE da provincia de Pontevedra o vindeiro 24 de abril no parque Quiñones de León.

Despois de 3 probas zonais e case 1500 participantes o pasado mes de marzo, os clasificados poderán participar de novo nunha carreira de orientación, esta vez, na modalidade o-pé liñal.

Esperamos que disfruten tanto o máis e que o tempo acompañe novamente.

* calquera dúbida ou aclaración, póñanse en contacto co responsable do servizo de deportes da entidade instucional anteriormente citada.