Eventos

Carreira Popular de Orientación "CIDADE DE NARÓN"

Proba de orientación perfecta para iniciarse, para os máis expertos e para compartir en familia. Haberá 3 percorridos Score (coller o número máximo de balizas, na orde na que se desexe, sen superar o tempo límite) e con salia en masa:

Precorrido infantil (2 kms): Para rapaces de ata 12 anos. Tempo límite 1 hora. Saida: 18:30 Peche: 19:30.

Precorrido medio (5 kms): (Poderase participar en grupos). Para adultos e rapaces acompañados por adultos. Tempo límite 1 hora e 45 minutos. Saida: 18:15 Peche: 20:00

Precorrido longo (11 kms): Só para adultos. Tempo límite 2 horas. Saida: 18:00 Peche: 20:00

O mapa facilitaráse 5 minutos antes e nos se permitirá ollalo ata que a organización o autorice.

Material Obligatorio en carreira
:
Compás (se ides en grupo polo menos deberá de levalo un)
Recomendable levar teléfono móbil (tlfno da organización 639967014 Tere)

Prezo:
Precorrido longo e medio 8 euros.

Precorrido infantil e menores que acompañen os seus pais no medio 1 euro.

Deberán pagar 2 euros aqueles que non teñen licenza de orientación (fegado) 2017

INSCRIPCIONS: en http://www.tracktherace.com
Unha vez rematadas as probas poderedes ducharvos no Pavillón de Sedes