Últimas noticias

Resultados do III Trofeo Concello de Cangas

  • Club USC

Máis información no evento da proba.

Rankings actualizados.

  • FE.GA.DO

Xúntanse os últimos rankings dispoñibles, tanto de Raids como de O-Pé. En breve estará dispoñible o ranking de Raids cos resultados da derradeira proba do calendario.En canto sexa posible, engadiránse estes documentos na sección pública do sitio web, http://agaco.es -> AGaCO -> Descargas

CLASIFICACIÓN FINAL do II PonteAventura Raid -Concello de Ponteceso-

 Xa está publicada a CLASIFICACIÓN FINAL do II PonteAventura Raid -Concello de Ponteceso-.FAI UNHA HORA QUE SE PUBLICOU A CLASIFICACIÓN, TENDO UN ERRO NA CATEGORÍA AVENTURA, QUE XA ESTÁ MODIFICADO.Moitas grazas a tod@s.A.D.C. BOMBEIROS A CORUÑA

Clasificación provisional do II PonteAventura Raid -Concello de Ponteceso-

Publicada a clasificación provisional do II PonteAventura Raid -Concello de Ponteceso-, celebrado o 3 de setembro.Reclamacións: adcbomberoscoruna@yahoo.es (ata o sábado 10 de setembro).Gustaríanos que nos dixésedes as vosas impresións do raid.Grazas por participar.A.D.C. BOMBEIROS A CORUÑA

RANKING RAID 2011 actualizado 5 probas

  • FE.GA.DO

Actualizado o Ranking de Raids 2011 tralo Raid Odiseo 2011 realizado polo Club SEO en Ordes.Saúdos,Manolo Beloso.Actualización (26/08/2011): Correxido o reparto de puntos do Raid Odiseo.

Publicado o segundo boletín do II PonteAventura Raid -Concello de Ponteceso-

 No evento relacionado xa dispoñedes da información necesaria para este evento.Recordade que tamén se irán publicando as novidades no evento de Facebook "II PonteAventura Raid"Saúdos!

Resultados da I UltraBTT - Ordes

  • Club SEO

Xa están publicados os resultados da I UltraBTT - Ordes organizada polo Club SEO. Agradecemos enormemente a participación de todos os equipos e agardamos que fora do voso agrado, así como un reto pola distancia e dificultade da proba. Debido á diferencia entre a distancia indicada nos boletíns informativos coa final (de 70 pasouse a 90 kilómetros), permitimos aos equipos que entraron...

Terceiro boletín da UltraBTT e equipos inscritos

  • Club SEO

Ola, acabamos de publicar o terceiro boletín da UltraBTT ademais de engadir o listado de equipos inscritos. Podedes ver a información indicada no evento relacionado. Por favor, revisade estes datos e comunicádenos calquera cuestión. Un saúdo e vémonos o sábado!! 

Información do II PonteAventura Raid -Concello de Ponteceso-

No evento relacionado xa dispoñedes do cartel, formulario de inscrición e o 1º boletín do II PonteAventura Raid -Concello de Ponteceso-, que se celebrará o vindeiro 3 de setembro en dito concello. Tamén podedes seguirnos na rede social facebook, no evento "II PonteAventura Raid".

Ampliado o prazo de inscrición para a UltraBTT

  • Club SEO

O prazo para a inscrición na UltraBTT de Ordes foi ampliado ata o martes 26 de Xullo. Debido a baixa cantidade de equipos inscritos en Élite, só se realizará un único recorrido, que será o de Aventura. Os sistema de control dos PC's será por tarxeta de control en vez de con SportIdent. Dispoñedes de máis información no evento relacionado.

Adventure Addicts Endurance Bike Test

  • FE.GA.DO

Se publica más información y el formulario de inscripción para el evento que organiza el Team Adventure Addicts Buff-ThermoºCool, Campeones del Mundo de Raids 2010.

Ranking O-Pé actualizado

  • FE.GA.DO

Publícase o ranking actualizado de O-Pé. Contén os resultados de todas as probas que tiveron lugar ata o momento.

Publicado o boletín e folla de inscrición para a I Ultra BTT - Club SEO

  • Club SEO

Ola a todos, acabamos de publicar no evento relacionado o primeiro boletín da proba, así como a folla de inscrición. Animámosvos a todos a participar, así como a dar a máxima difusión posible a esta proba. ACTUALIZACIÓN: Engadido o segundo boletín. Un saúdo, Club SEO.

Ranking de Raids actualizado

  • FE.GA.DO

Publícase o ranking de raids actualizado ata a proba de Negreira.

Clasificacións do IV Raid Odiseo

  • Club SEO

Xa están publicadas no evento relacionado a clasificación provisional deste IV Raid ODISEO. Agradecemos enormemente a participación de todos os equipos e agardamos que disfrutárades durante a proba. Para calquera comunicación co Club SEO, podedes facela a través do correo info@clubseo.es En breve revisaremos os desaxustes de algúns equipos no pago da inscrición. Recordade que o día 30...