Últimas noticias

Listado de scoring completo.

Publícase de novo o listado do scoring, xa que o anterior non contía os datos do club Fluvial. Pedimos desculpas polo erro.Asignación para o scoring.

Listados das probas de scoring e relevos.

Os clubs organizadores publican os listados de distribución de saídas das probas de scoring e relevos do domingo 7 de novembro en Arteixo (A Coruña).Asignación para o scoringAsignación para os relevos

Boletín técnico da proba scoring e relevos

Publícase un novo boletín que inclúe os datos técnicos da proba, información de acceso ao lugar e un informe relativo ao tipo de terreo que ides atopar o día da proba.+Info

Proba de scoring e relevos.

Moi pronto vaise publicar información adicional da proba: acceso ao lugar da proba, datos técnicos dos percorridos, aclaracións sobre a vexetación e o terreo, etc. Pero antes, avisamos de que hai un erro na dirección de correo electrónico á que os clubs teñen que enviar os formularios de inscrición.A dirección correcta é: alfonsomancera@gmail.com

Convocatoria de eleccións

Na páxina denominada "Eleccións 2010" poderás encontrar toda a información relacionada co proceso electoral da AGaCO, comezando pola convocatoria de eleccións e publicación do regulamento electoral.

Scoring e relevos do día 7 de novembro

Publícase de novo o boletín da proba do día 7 de novembro que terá lugar no mapa de Canzobre (Arteixo). Hai un erro na lista de categorías da proba de relevos. Só hai 5 categorías: Infantil-Cadete; Xuvenil; Senior; Veteranos A; Veteranos B.Lémbrase que o evento inclúe 2 probas. Primeiro será a proba Scoring, valedoira para o ranking galego de O-Pé. Inmediatamente despois terá...

Convocatoria de subvencións para clubs.

O día 21 de outubro de 2010 saíu publicada no DOG (n.º 203) unha Resolución do 18 de outubro de 2010, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas.O prazo de...

Ranking O-Pé actualizado

Actualizouse o ranking de O-Pé cos resultados das dúas últimas probas disputadas, a de Abadín e a de Monte Segade, Lugo. Ver a sección de descargas.

Abadín. Fotos da proba.

O Club Galicia de Caranza envía unha ligazón a un álbum que recolle algunhas fotos da proba de O-Pé que tivo lugar en Abadín (Lugo).

Monte Segade. Resultados corrixidos.

Publícanse de novo os resultados da proba que tivo lugar en Monte Segade (Lugo) o día 16 de outubro, despois de facer algunhas correccións. GlobaisParciais