Noticias

Xornada de TECNIFICACIÓN da preselección CEMTBO 2023 (domingo 23 abril)

Convócase ás persoas preseleccionadas de MTBO a unha xornada de TECNIFICACIÓN de cara a preparar o próximo CEMTBO a celebrar en Puebla del Río (Sevilla) o 6 e 7 de maio.

Os adestramentos técnicos terán lugar na provincia de Lugo (mapa por determinar) coa colaboración do CLUB COMPÁS. Os trazados irán a cargo de Ángel García García (CLUB BRIGANTIA).

Agradecemos a ambos a súa disposición para que esta actividade saia adiante.

En función do número de persoas inscritas, a intención é habilitar a posibilidade de que as persoas acompañantes tamén poidan participar na actividade.

Enviade as solicitudes de participación á conta de correo mtbo@fegado.es.

Na inscripción recordada poner nome, número da Siac e o recorrido a realizar. Recorrido 1: nenos/as entre 12 e 16 anos. Recorrido 2: menos/as 16-18. Recorrido 3: 19 anos en adelante.